Festa do Deporte en Vincios

O Club Deportivo Vincios organiza o sábado 28 de maio no campo de fútbol da Pasaxe a Festa do Deporte de Vincios. A xornada comezará cun Mini Trail de 15 km no Galiñeiro ás 10:00 e unha Andaina Temática de 12 km no Galiñeiro ás 10:15. Pola tarde celebrarase unha Carreira Popular de 6 km ás 16:30 horas e unha Mini Carreira de 3 km ás 17:00 horas. Finalmente, tamén ás 17:00 horas, comezará o XXVIII Cros Escolar Sta. Mariña.

As inscricións poden formalizarse ata o xoves 26 de maio no correo electrónico manolovincios@gmail.com, facilitando o nome, apelidos, DNI e data de nacemento. As inscricións para o Mini Trail, a Andaina Temática, a Carreira Popular e a Mini Carreira teñen un prezo de 5 euros, mentres que para o XXVIII Cros Escolar Sta. Mariña serán gratuítas. Máis información no teléfono 699 670 085 (Manolo).