O CPA Gondomar conquista o alto do podio infantil feminino no Trofeo Deputación

O CPA Gondomar albergou este sábado o Trofeo Deputación de libre nas categorías benxamín, alevín e infantil, que tivo lugar no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda en Gondomar. O alto do podio infantil feminino foi conquistado por Lena Castro, patinadora do Club de Patinaxe Artística de Gondomar. O peche da tarde tivo lugar ás 19:30 horas coa entrega de Trofeos polo Concello gondomareño, con representación do Alcalde Paco Ferreira e os concelleiros Rocío Goberna, Brais Misa, Jose Luis Alonso e Jose Manuel Chamorro.