O roubo dun vehículo municipal de Nigrán leva á detención dun perigoso delincuente

A Garda Civil detivo en Pontevedra a un perigoso e escurridizo delincuente especializado nos roubos de coches. Trátase dun home de 42 anos, que conta cun amplo historial de antecedentes por feitos violentos.

Segundo púidose comprobar, trátase dunha persoa itinerante, sen domicilio fixo nesta provincia, que non dubidaba en utilizar métodos ou procedementos violentos, tanto para conseguir os seus obxectivos, como para evadirse das Forzas e Corpos de Seguridade cando proceden á súa detención.

As investigacións que puxeron fin á encadeada secuencia de feitos delituosos que protagonizou durante os últimos meses, non só en Pontevedra, senón tamén en varias provincias do territorio nacional, iniciáronse a finais do pasado mes de marzo cando se ten coñecemento do roubo dun vehículo municipal, un Renault-Clio propiedade do concello de Nigrán.

Poucos días despois, nas inmediacións do lugar onde subtraeu o Renault-Clio, recuperouse un Audi-A4 que fora subtraído uns días antes en Ávila. No interior deste vehículo, a Área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, que se fixo cargo das dilixencias, atopou impresións dixitais e efectos persoais da mesma persoa.

Seguindo a liña de investigación do Renault-Clio púidose constatar que o 8 de abril tentárao vender en Sevilla. A transacción non chegou a realizarse porque o comprador decatouse de que o vehículo figuraba como subtraído, circunstancia que lle obrigou a darse á fuga cando a persoa que llo vendía, o verse descuberto, pretendeu agredilo cun coitelo de considerables dimensións.

Ante estas circunstancias prodúcese a continuación un dos incidentes máis graves que protagoniza esta persoa porque, véndose descuberto e temendo a chegada da Policía, introdúcese nun vehículo que se atopaba parado e ameaza á condutora cun coitelo para que reinicie a marcha. Nos asentos traseiros ían dous menores de catro e seis anos.

Nun momento determinado da fuga, dille á condutora que pare para deixar aos nenos na rúa e que volva subir para axudalo a saír da zona. Neste instante viuse sorprendido coa chegada dunha dotación da Policía Nacional e puido emprender a fuxida el só no turismo, sen que lograsen alcanzalo. Posteriormente efectuaría unha reposición nunha gasolineira de Alcalá de Guadaíra, de onde se marchou sen pagar.

O seguinte episodio delituoso protagonízao o 18 de abril en Baiona, onde chegou conducindo o vehículo co que se fuxiu de Sevilla, un turismo Dacia de cor branca. Nesta localidade atribúeselle a comisión dun roubo na vivenda da nai da súa ex parella, onde se aloxou durante uns días. A maior parte dos obxectos subtraídos, entre os que figura unha importante colección de libros de edicións limitadas, reloxos, plumas e xoias, foron recuperados no domicilio dun familiar na cidade de Pontevedra.

Unha semana despois, o equipo de investigación intercepta un vehículo sospeitoso na parroquia pontevedresa de Tomeza, no que viaxaba esta persoa. A súa imprevista reacción asperxendo cun spray os ollos dun dos axentes cando trataba de identificalo, posibilitou que se dese á fuga campo a través.

No interior deste coche atopouse un casco de motorista e o contrato de compravenda dunha motocicleta subscrito cunha identidade falsa en Salamanca, onde se recuperou o turismo da marca Dacia que subtraera en Sevilla.

Finalmente o día 13 deste mes en Cotobade (Pontevedra), non sen antes protagonizar outra fuga o día 30 de abril en Ourense, onde estivo a piques de atropelar aos axentes que pretendían interceptalo cando pilotaba unha motocicleta de alta cilindrada.

A detención produciuse, nesta ocasión sen ofrecer resistencia, cando foi sorprendido polo equipo de investigación tomando unhas consumicións na terraza dun restaurante. No momento do arresto portaba nun peto un spray pementa e un reloxo dos subtraídos na casa de Baiona. Tamén levada na súa carteira os permisos de conducir e as tarxetas sanitarias de dúas persoas, cos que adoitaba identificarse.

Nas proximidades tiña estacionado un turismo, Volkswagen-Golf, que subtraera días antes en Ourense. O vehículo levaba unhas placas de matrícula que foran subtraídas dun Renault-Laguna en Portugal. Chamou especialmente a atención que na guanteira do vehículo portaba tamén un coitelo de considerables dimensións.

Ademais dos delitos que se lle atribúen polos casos relatados, como son: roubo con forza nunha vivenda, detención ilegal, atentado, resistencia e desobediencia aos axentes da autoridade, usurpación de estado civil, ameazas, falsificación de documento público e apropiación indebida, tamén se lle atribúe a presunta autoría de 12 delitos de roubo de vehículos ou no interior dos mesmos, en: A Estrada, Nigrán, Pontevedra (cidade) e en: Ourense, Sevilla, Ávila, Cuenca, Salamanca e Portugal.

O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución Nº 2, de Pontevedra, que decretou o seu ingreso no Centro Penal da Lama (Pontevedra).