Baiona informa da apertura do prazo de inscrición para os campamentos da Xunta

O Concello de Baiona informa, a través do Departamento de Xuventude, de que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes dos Campamentos de Verán 2022, destinados a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos.

Os campamentos desenvolveranse tanto en Galicia como fóra de Galicia, e se contemplan descontos no prezo, tanto para os posuidores do Carné Xove, como para as familias numerosas ou monoparentais. Así mesmo, se contemplan quendas de inclusión para a mocidade con discapacidade.

O prazo de solicitudes está aberto ata o 26 de maio inclusive, e as solicitudes poden tramitarse na OMIX, sita no 2º andar da Casa do Concello (teléfono 986385921) ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Os campamentos están organizados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude.

Máis información no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran