Este venres 20 de maio, ás 20:00 no Salón de Actos do CRC Torreiro de Priegue, Esquerda Unida de Nigrán celebrará un acto aberto a toda a veciñanza de Nigrán onde se fará un balance dos tres anos da actual corporación, tanto da actuación do goberno que conta con maioría absoluta, como da oposición.
No acto tamén debaterase sobre a necesidade de construír una alternativa en Nigrán para solucionar os problemas crónicos que padecen como cidadáns.

