Voluntarios de Proxecto Ríos comproban o estado do Zamáns ao seu paso por Vilaza e Vincios

Voluntarios de Proxecto Ríos Gondomar fixeron o pasado sábado a prospección de Primavera do Río Zamáns, no seu curso medio ao paso por Vilaza e Vincios. Coma noutras ocasións, tomaron mostras da auga, dos macroinvertebrados e unha exploración visual do bosque de Ribeira. Ao mesmo tempo fixeron unha limpeza das marxes, facendo fincapé, sobor de todo, nos plásticos. Recordar á poboación a importancia de non tirar lixo ás cunetas desde os coches xa que, tarde ou temperán, vaise depositar no río.