Sin categoría

Baíña homenaxea por sorpresa a Anxo Rodríguez Lemos

“Síntome enganado”, comentaba entre risas o historiador local Anxo Rodríguez Lemos tras ser vítima dunha auténtica encerrona promovida desde a Comunidade de Montes de Baíña e a ANPA do colexio da parroquia de Baiona, que lle fixeron crer que acudía a un acto en calidade de relator cando en realidade tratábase dun recoñecemento á súa persoa. Tanto o público como os organizadores da cita programada onte martes ás 11 horas no Centro Cultural puxéronse de acordo para homenaxear ao doutor en historia polo seu intenso labor que realiza non só no municipio senón en toda a comarca, sumado ao sobresaliente cum laude obtido recentemente na súa tese doutoral sobre a orixe das romarías no S.VXII.

De feito fixérono tan ben que a Lemos non lle chegou nin un rumor aos seus oídos, un secreto a voces que circulou durante unha semana entre as máis de 150 persoas que onte se congregaron para asistir á conferencia que o doutor preparara en honra a Avelina, a última veciña nada na aldea de San Cosme, e que por suposto tamén foi unha das protagonistas. “Chamoume a atención que estivesen os representantes de tantas entidades, pero tampouco sospeitei”, explica. O día anterior preparou o seu discurso ata a madrugada e xa pola mañá cando se dispoñía a entrar retivérono. Cando conseguiu acceder sentárono na zona de honras. No escenario, a Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, que o ano pasado estivo de 25 aniversario xunto a multitude de agrupacións coa que Lemos está vinculado, entre elas, o IEM, a Comunidade de Montes de Baíña, o Coro de Homes Voces Baionesas ou o párroco das tres “BBB”, Fran. A partir de aquí os discursos presenciais, en vídeo e en liña.