
A academia Porteirones de Baiona e o club Baíña Fútbol Sala organizan este martes 17 de maio unha xornada de formación para porteiros de fútbol sala. Máis de 20 inscritos para máis de 3 horas de formación con técnicos titulados. Esta é a sétima edición dunhas xornadas que a academia formada na honra de Marcos Vasconcellos leva organizando en colaboración co club local e o Concello de Baiona. O evento desenvolverase de 10:00 a 13:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes.