O baionés David González proclámase subcampión de España Sénior

As seleccións galegas acudiron este sábado aos Campionatos de España absolutos de Loitas Olímpicas, que se celebraron no Pavillón Municipal de La Guía (Presidente Adolfo Suárez) en Gijón. O baionés David González proclamouse subcampión de España Sénior. O deportista do Club de Loita Sabarís logrou a medalla de prata na categoría de 61 kg da modalidade Libre Olímpica.