Alberto Meira, con fame de vitoria antes do Rallye Mariña Lucense

Nova cita para o equipo AMF Motorsport, que tras un bo inicio de tempada cunha terceira e unhas segunda prazas, chega ao Rallye Mariña Lucense con fame de vitoria, sendo ademais unha proba crucial nas aspiracións ao campionato debido ao seu máximo coeficiente.

Alberto Meira e Avelino Martínez volverán a enfundarse o mono para dar o mellor de si e tratar de bater aos seus rivais polo triunfo, que a priori serán dous. Aínda que o ano pasado o resultado final foi unha cuarta praza que soubo a pouco, Meira confía en que este ano sexa unha fin de semana redonda e poida facerse co triunfo, que xa rozou coa punta dos dedos en 2019 durante a primeira edición desta proba.

Con tramos xa coñecidos das edicións anteriores, a gran clave pode estar na néboa das dúas primeiras seccións, pois as dous especiais de Muras e Ourol xa supuxeron o ano pasado un auténtico desafío para os participantes. As humidades tamén poden ser importantes á primeira hora do día e poden xerar diferenzas difíciles de recuperar no resto da xornada, así que é importante acertar coa monta de compostos que ofrece Pirelli e saír a atacar desde o primeiro metro.

O Rallye Mariña Lucense disputarase sobre cinco especiais a dobre pasada, e ademais das dúas mencionadas, tamén se disputarán as xa coñecidas do Vicedo, Cervo e Xove.