Peitieiros celebra a festa da Virxe de Fátima

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra este sábado 14 de maio a festa na honra da Virxe de Fátima. Ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne con Sermón. A Eucaristía incluirá a celebración das primeiras comuñóns, e ao finalizar, sairá a procesión polas rúas engalanadas con alfombras de flores, acompañada pola charanga Vai de Baile, que ofrecerá a continuación un concerto. Pola noite, ás 22:00 horas, haberá unha gran verbena cos tríos La Noche do Grove e 3.com.