O Galeón Andalucía visita Baiona

O Galeón Andalucía arribou este xoves a Baiona e permanerá atracado no Porto Deportivo, onde poderá ser visitado polo público ata o 15 de maio.

Unha fiel réplica dos galeóns españois que durante os séculos XVI ao XVIII, sucaron o Atlántico, navegaron polo Caribe, as costas americanas e cubriron a inmensa ruta do Pacífico. Un impoñente navío de 55 metros de eslora, seis cubertas, de madeira de iroko e piñeiro, e case mil metros cadrados de superficie vélica nas súas sete velas, construído cun coidadoso rigor histórico.

Un auténtico museo flotante da nosa cultura marítima que navegou xa máis de 55.000 millas náuticas por océanos e mares de todo o mundo, visitando portos de catro continentes, como Shanghái, Singapura, Hong Kong, Manila, Nova York ou Quebec, divulgando a nosa historia. Actualmente está a realizar unha xira por varios portos de España e Europa, dando a coñecer como foron estes míticos navíos que durante tres séculos uniron España, América e Asia, sucando os mares e océanos do planeta.

Durante a visita, o público poderá percorrer as súas cubertas e coñecer os seus detalles, a súa navegación, como era a vida a bordo e a propia historia destes navíos. A experiencia complétase, ademais, ao subir a bordo do barco que hoxe día navega polos mares do mundo cunha nova tripulación, que conta coas máis asombrosas experiencias nas súas longas travesías.

Visitar estes días o Galeón Andalucía no Porto Deportivo de Baiona, será unha gran cita para toda a familia cun dos barcos máis lendarios da nosa historia, para a que se adoptarán todas as medidas sanitarias pertinentes, polo que se recomenda sacar a entrada en liña ou pago por tarxeta.

DATOS DAS VISITAS:

Data: 13 ao 15 de Maio
Lugar: Porto Deportivo de Baiona
Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Tickets: adultos: 7€ / Nenos (5-10 anos): 4 € / 18 € Familias (2 adultos + ata 3 nenos de entre 5-10 anos). Gratis para menores de 5 anos, que deberán ir acompañados por un adulto.

Puntos de vendas: no barco ou picando aquí.