A Comisaría de Policía Nacional de Vigo dispón dunha galería de Tiro, onde se realizan os exercicios do Plan Nacional de Tiro de obrigado cumprimento para a Policía Nacional, con arma curta e munición blindada, supervisado por un Instrutor de Tiro.
No ano 2014, asinouse un convenio de colaboración con Dirección Adxunta Vixilancia Aduaneira-Axencia Tributaria de Vigo, Pontevedra, Tui, Marín e Vilagarcía, para poder realizar a súa formación en armas curtas impartidas nestas dependencias, de forma periódica, cos seus propios medios, baixo a supervisión e dirección do Instrutor da Policía Nacional.
No ano 2019, a Policía Local de Redondela, solicitou a súa colaboración para a súa formación e de novo asinouse un convenio para facer uso da Galería e completar a súa formación en arma curta, favorecendo deste xeito a prestación do servizo, adaptando horarios, e evitando desprazamentos á localidade da Estada, onde se sitúa o Centro de Formación de Policía Local.
O pasado ano, asinouse convenio coa localidade de Mos, o que habilita, aos policías desta localidade, a realizar a súa formación en colaboración coa Policía Nacional.
No día de hoxe, o Tenente Alcalde do Concello de Nigrán e concelleiro de Vías, Obras, Servizos Urbanos e Seguridade, Rubén Rial, o Inspector Xefe da Policía Local de Nigrán, Vázquez, e o oficial Tejedo, visitaron a Comisaría de Vigo, e co Comisario Juan José Díaz Jiménez, Xefe da Policía Nacional de Vigo, asinaron o convenio que habilita aos policías desta localidade para realizar a súa formación.
Unha vez cumpriméntase a xestión documental, acódese a visitar o Servizo de Armamento, en concreto a Galería de Tiro, onde o Instrutor fai unha breve exposición de todos os medios dispoñibles e da lexislación actual nesta materia.
A evolución da delincuencia, a violencia e agresividade, dalgúns delitos, o uso de material e obxectos perigosos e armas de fogo, obriga aos corpos policiais e institucións que portan armas, a manter unha formación práctica continua que evite maior prexuízo e unha resposta policial efectiva, segura e precisa, ante un enfrontamento armado.

