Sin categoría

Nigrán ofrece un concerto de clarinete e piano a cargo de Jorge Manuel Aldao e Alicia González

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 14 de Maio ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto de clarinete e piano a cargo respectivamente de Jorge Manuel Aldao López e Alicia González Permuy. A actuación encádrase no I Ciclo de Novos Intérpretes lanzado o pasado ano desde o consistorio. A entrada, como a todos estes concertos, é de balde ata completar o aforo. O dúo interpretará temas de Brahms, Debussy e Bernstein. O repertorio e o dossier completo da formación está pendurado na web municipal http://www.nigran.es.