Chupipostres organiza o primeiro After Work do Val Miñor para empresarios e empresarias

Chupipostres organiza este martes 10 de maio a partir das 19:00 horas o primeiro After Work Fest para empresarias e empresarios do Val Miñor, no seu local de Estrada pola Vía 114B, en Nigrán. O obxectivo é desconectar e compartir experiencias e anécdotas con outros empresarios e empresarias da comarca. Trátase dun evento para gozar e pasar un bo intre despois do traballo, con comida e cervexa. Ademais contarán coa asistencia dos tres Alcaldes do Val Miñor.