Sin categoría

Curso de Restauración no Centro Sociocomunitario de Baiona

O Centro Sociocomunitario de Baiona ofrece un Curso de Restauración que será impartido por Cristina González Alonso durante a segunda quincena deste mes de maio e a primeira de xuño. Irá enfocado principalmente á aprendizaxe de técnicas de restauración de pequeno mobiliario e obxectos de decoración. Serán catro xornadas en horario de tarde, 20 e 27 de maio e 3 e 10 de xuño de 17:00 a 19:00 horas, para un grupo máximo de 12 persoas.

O curso está subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, sendo totalmente gratuíto a excepción do material que achegará cada un dos usuarios e unha cota de inscrición de cinco euros (utilizarase para a adquisición dalgún material de maior valor). Os interesados poden anotarse nos teléfonos 686 474 752 (Cristina) e 886 110 124 (Centro).