San Cibrán celebra as festas na honra da Virxe

O barrio de San Cibrán, na parroquia gondomareña de Donas, celebra este sábado 7 de maio as festas na honra da Virxe. O programa previsto comezará ás 12:00 do mediodía cun pasarrúas da Charanga Vai K Pinta. Ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión e sesión vermú a cargo da mesma charanga. Pola noite, a partir das 22:00 horas, o grupo Fama e Xacobeo amenizarán a verbena.