Os Rillasepas recuperan a celebración da súa Motochurrascada

A Peña Moteira Os Rillasepas organiza os próximos días 21 e 22 de maio a súa 12ª Motochurrascada. O punto de quedada será o Centro Cultural de Borreiros, en Gondomar, onde o sábado 21 ás 12:00 do mediodía abrirase a zona de acampada. Ás 16:00 horas, comezará o roteiro con pinchada e xogos, e xa pola noite, a partir das 22:00 horas, celebrarase unha cea con festa e sorteos, ademais de sesión musical a cargo de DJ Freddy. A xornada do domingo comezará cun almorzo ás 9:00 da mañá, e o evento finalizará cun novo roteiro e pinchada ás 11:00 horas.

A inscrición, cun custo de 25 euros, permanecerá aberta ata o xoves 19 de maio, e pódese formalizar en Cafetería Tribuna (Vigo) e no Centro Cultural de Borreiros. Máis información nos teléfonos 626 628 621 (David) ou 646 840 231 (Miguel), ou no correo electrónico rillasepas@hotmail.es.