Eixotolo prepara a Festa da Chuleta en Camos

A Asociación Deportiva Cultural e Benéfica Eixotolo prepara para o próximo 17 de maio a Festa da Chuleta. O evento comezará ás 14:00 horas no Torreiro de San Roque de Camos. O menú, cun prezo de 20 euros, inclúe primeiro prato, segundo prato con chuleta de tenreira con cachelos, bebida, sobremesa e café. Venda anticipada de tíckets ata o 10 de maio a través do teléfono ou WhatsApp nos números 648 023 014 e 696 105 356. Contarán coa actuación do Grupo GaitaCía e Ácido Folclórico.