O Turonia GFG feminino vai ao Torneo Ibérico de Valencia

Esta fin de semana foi o partido das rapazas do Turonia GFG no que se decidía o campionato da Liga Galega de Fútbol Gaélico feminino. Non puido ser, pero foi moito o conseguido. Gran partido pero mellor actuación das rapazas do Estrela Vermelha de Santiago. Así e todo, o máis importante, logo de todos estes momentos que tocou vivir coa pandemia, as raparigas do Turonia mantiveron viva a isca do fútbol gaélico no Val Miñor e de paso, case sen pretendelo, facerse co subcampionato da Liga.

“Grazas a todas por estar aí e por dalo todo no campo en cada partido. Grazas ás rapazas do Independiente FG de Vigo coas que xogaron amalgamadas. Irán de novo xuntas a Valencia para xogar a final do Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico a finais deste mes por ter acadado esta meritoria segunda posición na Liga Galega. Parabéns para todas as rapazas do Gaélico Galego”, sinalan desde o Turonia GFG.