Nigrán repite o roteiro de sendeirismo gratuíto polas aldeas do Xisto en Portugal

O Concello de Nigrán organiza este domingo 8 de maio unha xornada gratuíta de sendeirismo de 6 km novamente polas nas aldeas do Xisto (centro de Portugal). A dificultade do roteiro é media-alta, polo que é necesario estar en perfectas condicións físicas para camiñar tres horas sen dificultade. Os interesados en participar teñen de prazo para anotarse ata este xoves 5 de maio a través dun formulario en http://www.nigran.es ou na Oficina de Información da Casa Consistorial.

O Concello dispoñerá dun autobús que sairá do Concello ás 9:00 horas para chegar de volta aproximadamente ás 22:30 horas, debendo levar cada un a súa propia bolsa co picnic para xantar de campo, así como auga. Dada a natureza desta excursión, é imprescindible acudir debidamente equipado, con roupa cómoda e zapato axeitado.

En concreto, os asistentes percorrerán os sendeiros entre as aldeas de Lousa, Casal Novo e Talasnal, todas nesta Serra da Lousa da rexión centro de Portugal. Estas aldeas forman un dos conxuntos turísticos máis singulares do país, coa súa arquitectura a base de pedra de lousa (“xisto”) e con gran atractivo para os amantes do turismo de natureza.