Mercadiño no CEIP Plurilingüe Humberto Juanes

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // CEIP Humberto Juanes.

O vindeiro venres 6 de maio o CEIP Plurilingüe Humberto Juanes de Nigrán acollerá un mercadiño organizado polos alumnos de 5º e 6º de Primaria co obxectivo de recadar fondos para a viaxe de fin de curso. O mercadiño comezará ás 16:30 horas. Ás 17:00 horas abrirase o posto de merenda e haberá multixogos a cargo de Recreativa SL. Ás 19:00 horas o Acroclub Nigrán ofrecerá unha exhibición. A xornada finalizará ás 20:30 horas con Teatro no Auditorio Municipal a cargo do alumnado de 6º de Primaria, cun prezo de entrada de 4 euros.