Sin categoría

II Semana da Ciencia no CPI Cova Terreña

O CPI Cova Terreña de Baiona reedita este curso a Semana da Ciencia, que tanto éxito tivo o ano pasado. Esta II edición da exposición permite darlle visibilidade ao traballo do alumnado e do profesorado en prol dunha disciplina que amosou nos últimos anos a enorme importancia para toda a sociedade: a Ciencia. A exposición poderá ser visitada entre os días 27 de abril e 6 de maio, cunha xornada de portas abertas ás familias o martes día 3, de 16:00 a 18:00 horas.

A selección de proxectos abranguen dende a presenza de distintos animais (en Baiona e noutras rexións do mundo), a contaminación que estamos a sufrir (plásticos, chuvia ácida, etc.), novidades tecnolóxicas (impresora 3D ou avances en robótica) ou cuestións diversas co corpo humano (como funciona a voz, como son as células,…) entre outras moitas seccións. Cada un dos traballos conta cunha explicación que permite a súa comprensión.