Prado celebra as festas da Virxe da Soidade

O barrio de Prado, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra os días 29 e 30 de abril e 1 de maio as festas na honra da Virxe da Soidade. O venres día 29, as orquestras París de Noia e Marbella serán as encargadas de amenizar a verbena. O sábado 30 animarán a festa a orquestra Los Magos e o grupo La Banda de Ayer. O domingo 1 de maio ás 11:00 da mañá comezarán as tradicionais “poxas” a cargo de Carlos Riveiro. Ás 13:00 horas celebrarase a Santa Misa seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión Musical do Val Miñor, que ofrecerá un concerto ao finalizar e actuará a partir das 20:00 horas xunto coa Banda de Mariachis Noche de Ronda. O torreiro estará cuberto cunha carpa.