A Deputación mobiliza 307.282 € para Baiona e Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Deputación de Pontevedra vén de mobilizar un investimento de máis de 1,3 millóns de euros en novos recursos para garantir dereitos e servizos en nove concellos da provincia. En concreto, a Xunta de Goberno aprobou hoxe once achegas enmarcadas na liña 1 do Plan Concellos que ascenden a 1.359.008 € e beneficiarán a Rodeiro, A Estrada, As Neves, Baiona, Soutomaior, Ponteareas, Fornelos, Nigrán e Bueu para poñer en marcha actuacións de mellora de infraestruturas e dotacións municipais. Baiona beneficiarase dunha axuda de 217.114 euros para financiar a mellora da senda peonil en Baredo e Nigrán destinará 90.168 € do Plan Concellos para cofinanciar a mellora paisaxística e o embelecemento da contorna da ponte románica da Ramallosa.