A Asociación Cultural e Social de Baíña, Baíña Fútbol Sala, Concello de Baiona e librería Vernet celebran este sábado o Día do Libro con obradoiros, música, presentación de libros cos autores e venta e intercambio de libros na rúa Carabela Pinta. Se chove o evento trasladarase ao salón de actos do Multiusos Ángel Bedriñana.
- 16:00 horas. Fran Fernández Davila co seu novo libro “O bosque do duque”
- 16:15 horas. Actuación para pequenos con “Música Miúda”, un espectáculo musical educativo.
- 17:00 horas. Presentación do libro de Coral “Infortunios Cotidianos”
- 17:30 horas. Charla con Manuel Esteban, escritor vigués de “A ira dos mansos”.
- 18:15 horas. Presentación do libro de Miguel Alonso “O caso dos amantes de París”.
- 19:00 horas. Diego Freire (cantautor) que presentará o disco “Auga”.
Tamén haberá feira de intercambio de libros de segunda man e descontos na librería Vernet do 10% en libros novos, ademais dun obradoiro de marcapáxinas e creacións.

