
Este venres, 22 de abril, ás 20:00 horas no local social do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar, terá lugar a Asemblea Comarcal de Manifesto Miñor, aberta a toda a cidadanía do Val Miñor, preocupada, comprometida, interesada cos intereses políticos e municipais da contorna. Nela debaterase a memoria política pasada, presente e futura de Manifesto Miñor, asemade se analizarán as novas liñas de actuación neste eido.
“A máis que previsible crise económica que estamos a sufrir con inflación mensual na Galiza do mes pasado do 10,50% -como mínimo- non nos pode deixar indiferentes como sufridores, e non cabe dúbida que vai a ser infelizmente a referencia para toda a cidadanía, particulares, comercio, empresas e institucións. Votar só cada catro anos non é abondo para facer fronte a todo iso”, sinalan desde Manifesto Miñor.