II Concentración de Vehículos Clásicos en Vilas

A Comisión de Festas Mª Auxiliadora de Vilas (Morgadáns-Gondomar) organiza este sábado 23 de abril a súa II Concentración de Vehículos Clásicos. As inscricións poden realizarse ata o 20 de abril nos teléfonos 636567024 e 670465976, cun prezo de 17 euros por persoa. O evento comezará ás 16:00 horas coa concentración dos vehículos no Torreiro de Festas, e inclúe roteiro, premios e cea (carrilleras de tenreira e unha bebida).