
A Asociación Cultural e Social de Baíña prepara unhas xornadas sobre saúde mental en Baiona. Estas xornadas realizaranse de forma mensual (abril, maio, setembro e outubro) en distintos locais municipais de Baiona.
A primeira xornada, o sábado día 30 de abril no Multiusos de Sabarís, tratará sobre “a saúde mental na mocidade” e a invitada será a psicóloga leonesa Arancha Santos de la Rosa, unha profesional con moita experiencia que vén de colaborar en diferentes universidades e na televisión nacional.
Esta charla constará de dúas partes, unha para os propios mozos e outra para as súas familias. A entrada será gratuíta. Nas seguintes xornadas participarán diferentes institucións de saúde mental e psicólogos especialistas en diversos eidos.