Esta Semana Santa volve a música en vivo á terraza do Talaso

A terraza panorámica do Hotel Talaso Atlántico recupera As noites de Talaso esta Semana Santa, con concertos de música en vivo abertos ao público xeral. Nesta ocasión, será Club Naval o grupo que protagonice as actuacións en directo que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de abril a partir das 22.30 horas.

O hotel quere así apoiar a un sector castigado coa pandemia e aproveitar a amplitude das súas instalacións exteriores para facelo de forma segura para os asistentes. Club Naval, ademais de tocar as súas propias cancións, fai unha versión nas súas actuacións de música dos 70, 80 e 90 así como éxitos actuais.