A Deputación de Pontevedra continúa a transformar a provincia coa aprobación de novos recursos para seis municipios da man das liñas 1 e 2 do Plan Concellos. Así, a Xunta de Goberno deu hoxe luz verde a 1.610.064 euros cos que se realizarán melloras en rúas e camiños de titularidade municipal, financiarase unha festa histórica ou construirase un skatepark nos concellos da Estrada, Vilagarcía, Marín, Gondomar, Baiona e Oia. Gondomar contará con 76.708 euros para a mellora da pavimentación e rede de pluviais na contorna de Hervillas e Vincios, e Baiona con 309.787 euros para a adecuación urbana e mellora de redes de servizos na rúa Carabela Pinta.
Novas achegas do Plan Concellos por 386.495 € para Gondomar e Baiona

