O Centro Juan María organiza o I Festival Benéfico de Gaitas

O próximo 24 de abril ás 18:00 horas no Auditorio de Nigrán, o Centro Juan María organiza o I Festival Benéfico de Gaitas.

Contarán coa presenza da Agrupación Folclórica Os Muíños do Xuncido (Camos), Grupo de Integración Ardelume de Baíña, Grupo de Gaitas Aires de Santes, o gran gaiteiro Isidro Vidal con Samuel Soto, A Unión de San Pedro e o Grupo de Gaitas e Percusión Tradicional “Cores do Sobreiro” de Borreiros.

Coa venda de entradas, o Centro Juan María financiará o programa de lecer de fins de semana dirixido ás persoas con discapacidade intelectual da entidade. As entradas (cun prezo de 5 €) están á venda no centro (R/ As Agullas, nº 12 Parada-Nigrán. Telf.: 986386914). Todos aqueles que non poidan asistir e desexen colaborar, teñen á súa disposición entradas de FILA 0.