
O Concello de Nigrán informa de que a Deputación Provincial de Pontevedra organiza e convoca o “Depotermal 2022” nas súas dúas modalidades, asistencia diaria ou con pernoita en réxime de pensión completa. Este programa está destinado a persoas nadas antes de 1972, pensionistas, etc. O prazo para solicitalo termina o 2 de maio. Os interesados poderán dirixirse (PREVIA CITA) aos Servizos Sociais de Nigrán no teléfono 986365000.
A primeira opción de “Depotermal” consiste en pasar 5 mañás ou tardes consecutivas dunha mesma semana nun balneario da provincia de Pontevedra facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús. A segunda consiste en gozar de estancias de 6 días e 5 noites en balnearios ou hoteis con spa da provincia, en réxime de pensión completa.