Faladoiro do IEM “A acollida de persoas refuxiadas en Galicia hoxe, un reto á solidariedade”

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este venres, 8 de abril, ás 20:00 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), un faladoiros titulado “A acollida de persoas refuxiadas en Galicia hoxe, un reto á solidariedade”. Intervirán Santiago González Avión e Belén Arranz Núñez, director e coordinadora de programas da “Asociación Diversidades Acolle”. Presenta Lino Pellitero, analista internacional, experto en América Latina.