Os callos triunfan en Peitieiros

A Comisión de Festas San Miguel de Peitieiros organizou este domingo a XIV Festa Gastronómica dos Callos, coa colaboración do Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura, e o Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros. O evento, que resultou un éxito, comezou ás 11:00 da mañá e contou coa actuación do Grupo “Ecos e Agarimos”. Ás 14:00 horas, unhas 800 persoas xa gozaran da súa ración de callos, ben na carpa instalada no Torreiro de Festas ou ben en casa, xa que tamén se despacharon para levar, adquirindo previamente o ticket correspondente.