Tripla derrota para o Laroca na sexta e penúltima xornada da liga galega de xadrez

O pasado sábado celebrouse a sexta e penúltima xornada da liga galega de xadrez, que rematou con tres derrotas dos equipos laroqueiros.

Na división de honra derrota en Nigrán do Laroca A ante o potente equipo do Verín por 0-6. Nada puideron facer os miñoráns ante un dos favoritos para alzarse co campionato galego, encontro que estivo moi disputado nos taboleiros 1 e 4 e a punto estiveron de conseguir unhas táboas. Hoxe sábado os miñoráns rematarán a liga, e a súa participación na máxima categoría do xadrez galego, na casa ante o equipo ourensán do Liceo Grupo Postal.

Na segunda división derrota por 0-4 no seu desprazamento a Mos do Laroca C, que na vindeira xornada descansa e remata a liga. Pola súa banda o Laroca B descansou na pasada xornada e este sábado desprázase a Tui para enfrontarse ao Xadrez Cafetería La Gran Manzana. Con este encontro tamén dáse por rematada a liga de segunda división na que ambos equipos manterán a categoría.

Na terceira división derrota do Laroca C en Nigrán por 1,5-2,5 ante o líder do grupo, o Xadrez Ramiro Sabell Ponteareas Centro Artístico Sportivo. Con este resultado os miñoráns perderon todas as posibilidades de proclamarse campións do seu grupo. Os tantos miñoráns foron conseguidos por Samuel e as táboas de Jorge. Este sábado rematan a liga enfrontándose ao Club de Xadrez Mos I na sede de Nigrán, na que necesitan dunha vitoria nos catro taboleiros para poder manter a segunda posición da táboa clasificatoria.