Sin categoría

O aparcamento do Aral excede os 400 abonados

Coa modificación da ordenanza que rebaixou as tarifas do aparcamento municipal do Aral no ano 2021 conseguiuse o obxectivo marcado polo Alcalde, Carlos Gómez Prado, e o seu grupo de goberno. “Os grandes beneficiados da xestión municipal son os veciños e veciñas de Baiona. Conta diso reflicten as cifras de persoas abonadas ao servizo que pasaron de 192 abonos mensuais no ano 2019 a 407 a data do 1 de marzo de 2022. Ademais de garantir o equilibrio económico da xestión municipal deste espazo tamén garantimos unha maior rotación nos aparcamentos en superficie”, sinala o rexedor. Así mesmo, Gómez destaca que “hai outras maneiras de xestionar e neste caso é para o beneficio dos nosos veciños e veciñas”.