Sin categoría

Nigrán aproba o inventario de viarios públicos tras máis de 20 anos sen ser actualizado

O pleno de Nigrán aprobou por unanimidade e xa definitivamente (en fase inicial foi no 2019), o inventario de viarios públicos tras máis de 20 anos sen actualizarse, unha iniciativa do goberno local que conlevou anos de traballo dos técnicos de Urbanismo e que supuxo, ademais, rebautizar moitos camiños que non aparecían (ou que contiñan erros de nomenclatura) cos diferentes estudos de microtoponimia contratados desde o consistorio. “Na práctica, o feito de estar tan desfasado era un problema que en moitas ocasións desembocaba en conflitos urbanísticos relacionados con licenzas ou coa obtención de servizos públicos”, indica González.