
O Goberno de Nigrán aprobou en solitario o convenio coa Deputación de Pontevedra para ampliar e facer unha senda peonil desde A Areíña ao cemiterio de Parada por 973.023,40€ (acordo mediante o que a entidade provincial achegará o 70% do orzamento e o Concello o 30%). Desde o goberno local considérase esta iniciativa como “absolutamente necesaria para mellorar a seguridade peonil e incluso a calidade de vida da veciñanza”, polo que aposta por continuar nesta dirección e converter os diferentes barrios do municipio “en espazos amigables e verdadeiramente feitos para o desfrute dos cidadáns”.