
A Comisión de Festas San Miguel de Peitieiros organiza o domingo 10 de abril a súa VII Ruta Cabalar. A saída será ás 9:30 da mañá desde o Torreiro da Festa para completar un percorrido de 20 quilómetros. Poderán ir carros. Ás 11:00 gozarán dun petisco e bebida no monte, con chegada prevista ás 14:00 horas. Ás 14:30 comezará a comida, cun menú que inclúe churrasco mixto con chourizo, pan, bebida, sobremesa, café e chopo. O prezo para participar é de 20 euros para os adultos e de 10 euros para os menores de 12 anos. As reservas poden formalizarse no teléfono 607 53 72 39 ata o día 8 de abril. Cada xinete farase cargo dos danos ocasionados polo seu cabalo. En caso de moita choiva aprazarase.