
A Asociación Cultural e Social de Baiña e Yeah Activities! organizan un obradoiro de reciclaxe, xardinería e manualidades para nenas e nenos no colexio antigo do Burgo, para pasar unha Semana Santa diferente con xogos e actividades da natureza, saídas e música.
Desenvolverase o luns 11, o martes 12 e o mércores 13 de abril en horario de 10:00 a 13:00 horas, con posibilidade de ampliar de 9:00 a 14:00 horas. O custe da inscrición para os tres días será de 23 euros para socios ou familiares directos e de 28 euros para os non socios.
Máis información e inscricións en http://www.yeahactivities.es ou nos teléfonos 662965411 (Iago) e 644860260 (Santi).