Sin categoría

Baiona pon en marcha o programa “Con voz propia” para incrementar o empoderamento das mulleres

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller, pon en marcha o programa “Con voz propia”. Trátase dunha intervención psicopedagóxica no que a práctica vocal (coral e solista) se utiliza para incrementar o empoderamento das mulleres.

A cabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o programa combina as estratexias propias do ensino convencional do canto co enfoque musicoterapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional.

Este proxecto parte do presuposto de que a aprendizaxe de canto, como conxunto de técnicas e habilidades vocais e musicais unidas á expresión de emocións auténticas, pode incrementar a seguridade e a confianza, axudando na descuberta e valorización de si e da/s outra/s, favorecendo a inclusión e mellorando a propia estima e realización.

Desenvolverase ao longo do mes de abril e maio os mércores en horario de mañá. Na metodoloxía está previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz. Ao mesmo tempo utilizaranse moitos recursos da musicoterapia, a danzaterapia e a dramaterapia para fomentar a libre expresión, o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademais se traballará coas letras das para reenfocar a visión do percorrido vital.

Aquelas mulleres que estean interesadas poden contactar co CIM de Baiona no teléfono 986 35 75 54.