Sin categoría

Mesa redonda sobre feminismo organizada por Lucenza-Ateneo de Nigrán

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres 25 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación do tranvía), unha mesa redonda baixo o título “Que sei eu de feminismo”, dentro da programación polo 8 de marzo.

Intervirán neste acto Luisa Varela, da Asociación de Mulleres do Val Miñor Area Loura; Priscila Retamozo e Blanca Fernández, do Comando Igualdade e Amaia Pérez-Izaguirre, integrante de Lucenza.

No acto farase unha contextualización histórica do 8 de marzo e da evolución e situación actual do movemento feminista e se exporán tamén algunhas experiencias locais de intervención na realidade social dende o feminismo.

Posteriormente abrirase un debate-coloquio coas intervenientes e o público asistente arredor destes temas.