Cinco patinadores do CPA Gondomar sóbense ao podio no Trofeo Deputación

A pasada fin de semana tivo lugar no Palacio dos Deportes de Arteixo o Trofeo Deputación de programas curtos de patinaxe artística, desde cadetes ata sénior masculino e feminino. O resultado da competición foi extraordinario para o Club Patinaxe Artística Gondomar, que conseguiu subir ao podio aos seus patinadores na maior parte das categorías, conseguindo Noa Álvarez o primeiro posto en júnior feminino e Joel Ribeiro en cadete masculino. Tamén conseguiron subir ao podio as patinadoras Andrea López en sénior, Xiana Fernández en cadete e Manuel Estévez en júnior, todos eles conseguindo a prata.

Unha fin de semana no que puideron gozar sobre rodas do deporte que máis lles fascina conseguindo o resto de patinadoras do club alcanzar grandes posicións. Toda unha fin de semana no que non faltou forza, velocidade e destreza sobre rodas, con novas coreografías que non deixaron indiferentes aos xulgadores, todo acorde cos seus programas así como coas camisolas que portaban. Os deportistas sobre rodas mostraron o nivel que o club gondomareño posúe actualmente, representado o traballo do seu equipo técnico composto de David Figueroa, María Nombela e Javier Martínez.