A Comisión de Festas San Antonio de Vilariño organiza unha churrascada

A Comisión de Festas San Antonio de Vilariño organiza este domingo 20 de marzo unha churrascada no torreiro parroquial. Desde as 13:30 horas poderase degustar unha ración de churrasco, criollo e cachelo por 10 euros. En caso de choiva, o evento será no Colexio Carlos Casares.