
A Asociación Cultural e Social de Baíña recibe dúas subvencións da Deputación de Pontevedra pola súa labor pola cultura e a lingua. Estas subvencións se enmarcan dentro das actividades realizadas pola asociación de Baíña e veñen a corroborar a grande labor que este colectivo fai na parroquia e no Concello de Baiona.
Desta maneira a directiva do centro anuncia que se repetirán as celebracións do Día das Letras Galegas e tamén que se realizará a segunda edición do festival cultural e artístico “Baíña sen Idade”. A directiva agradece á institución provincial a súa colaboración e xa está a traballar de cara o futuro.