Sin categoría

Podemos Nigrán propón que se destine unha partida do remanente a ONGs de axuda ao pobo ucraíno

Tras a gran avalancha de doazóns por parte da cidadanía, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do cal o propio Alcalde de Nigrán, Juan A. González, é presidente, aconsella paralizar as doazóns de bens en especie pola dificultade de almacenaxe, loxística e transporte, así como priorizar as axudas económicas. En atención ao cal Podemos Nigrán considera que a mellor opción para canalizar as axudas e facer partícipe a toda a cidadanía do municipio é que se destine unha parte do remanente de tesourería a ONGs de axuda ao pobo ucraíno, tendo en conta o bo estado no que se atopan as contas municipais.

Outra das recomendacións para os concellos do Fondo de Cooperación e Solidariedade Galego é o rexistro a través dun formulario habilitado pola FEGAMP de todas as vivendas dispoñibles para acoller á poboación refuxiada, priorizando as de titularidade pública, ou en todo caso vivendas privadas. Podendo sumarse estes espazos a Residencia de Tempo Libre de Patos, posta a disposición para este fin por parte da Xunta de Galicia.