Gondomar expón as obras participantes no seu I Concurso de Esculturas

O “I Concurso de Escultura do Concello de Gondomar”, xa pode ser visitado na Praza Paradela. Un xurado popular poderá puntuar a mellor obra que será premiada con 7000€, a segunda con 2000€ e a terceira con 1000€, emitindo o seu voto a través do rexistro xeral ou Sede electrónica (20%). Un xurado profesional será o encargado do 80%. As obras premiadas quedarán en poder do Concello e serán colocadas nun espazo público que o xurado considere oportuno.