Sin categoría

Organizan unha quedada para debuxar ao aire libre en Nigrán

Nace o grupo Urban Sketchers Val Miñor. Trátase dunha iniciativa posta en marcha por Sandra Amelines co obxectivo de organizar quedadas para debuxar ao aire libre na nosa contorna, no que cada persoa practicará libremente a técnica que prefira. Está dirixido a todos aqueles aos que lles gusta debuxar, xa sexa por afección, por paixón ou de forma profesional. É totalmente gratuíto, non hai profesores nin clases dirixidas, só se necesita un caderno de debuxo ou sketchbook e os materiais favoritos de cada un. O primeiro encontro celebrarase o domingo 6 de marzo de 11:00 a 12:30 horas na Fonte do Paseo de Praia América. Os interesados en compartir esta experiencia poden contactar a través do correo yinetamelines@hotmail.com ou en Instagram @sandra_yinet_aq.