Este venres, 4 de marzo, no local Aula Ponte de Rosas, na Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar, o IEM ofrecerá ás 20:00 horas o faladoiro “O traballo colaborativo na Galipedia: Patrimonio en man común”. A Wikipedia é unha enciclopedia colaborativa que medra en base ás achegas voluntarias de numerosas persoas.
Nesta charla introdutoria coñecerase como funciona, falarase da súa fiabilidade, e aprenderase a editar de diversas formas, xa sexa creando contido, actualizando información, corrixindo erros ou subindo fotografías. Farase con exemplos diversos, moitos deles relacionados co Val Miñor.
Na sesión estará presente Adrián Estévez (Pontevedra, 1983), usuario da Galipedia desde 2007. Mestre e filólogo, participou en numerosos obradoiros e conferencias relacionadas coa Wikipedia.

